Domingo de Ramos, domingo de peluquería na Residencia de Silleda

Este domingo tocou perruquería caseira. Hoxe tocou perruquería, poñémonos guapísimos para recibir a Semana Santa e o domingo de Ramos. Ainda que botamos de menos á nosa perruqueira, a nosa compañeira Isabel Muiños, traballadora da nosa residencia con experiencia en perruquería, fixo un traballo diferente pero excelente igualmente. Como vedes, o día a día dos […]

Saímos no programa “Fun polo aire”

O programa “Fun polo Aire” da TVG estivo connosco para coñecer como é o confinamento das nosas traballadoras na Residencia de Silleda. Aqui podedes ver o programa a partir do minuto 20:19 http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-337-4363956?t=1219 Grazas ao programa por facerse eco da nosa situación.

Confinamento na Residencia de Silleda

Continuamos co noso confinamento na Residencia de Silleda. Todos os nosos residentes e todos nós estamos ben, e máis coa comida que nos prepara o noso compañeiro Juan! Seguimos con ánimo e facendo cada día máis equipo entre nós, porque se algo ten de positiva esta situación é que nos une por un obxectivo común, […]

Comunicado Residencia de Silleda

En resposta ás últimas novas publicadas nos medios de comunicacións queremos comunicarlles o seguinte; Unha persoa do noso equipo deu, desafortunamente, positivo na proba de COVID-19 durante as súas vacacións. Informou da súa situación ao noso centro de traballo e non chegou a reincorporarse, nin a ter ningún tipo de contacto co equipo desde centro, […]

Entrevista de Radio Voz a Paula Guzmán, directora da Residencia de Silleda

No día de onte, Amelia Ferreiroa entrevistou de novo á nosa directora Paula en Radio Voz Lalín para coñecer as novas medidas implantadas na residencia de Silleda, e tamén para coñecer de primeira man como se atopan os nosos residentes. Os nosos maiores e o noso equipo poideron escoitar a entrevista en directo e, moi […]

La Voz de Galicia fala sobre as nosas medidas fronte ao COVID-19

La Voz de Galicia recolle nas súas novas de hoxe as medidas adoptadas por algunhas residencias da comarca, entre elas a nosa residencia de Silleda. Aqui vos deixamos o enlace para que o poidades consultar: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2020/04/01/residencias-reorganizan-turnos-reducir-salidas-entradas/0003_202004D1C1996.htm

Na Residencia de Luintra, estamos todos ben!

Este video foi feito no día de onte na nosa residencia en Luintra e está feito especialmente para as familias de todos os nosos queridos mozos e mozas. Estamos todos e todas ben, e esto hoxe por hoxe é unha moi boa noticia. Queremos dar unhas GRAZAS moi grandes e especiais a todas as persoas […]

O noso equipo da Residencia de Silleda no confinamento.

O noso equipo, dende onte en confinamento con turnos únicos e indo soamente ás súas casas soamente para durmir, está ben e con ganas e ánimo de coidar e protexer aos nosos maiores. Todos sabemos que agora temos que facer un esforzo grande por xuntar forzas e animar aos nosos residentes para telos con todo […]

Xogamos, pintamos e entretémonos na Residencia de Luintra

Nestos tempos complicados de COVID-19, na nosa Residencia de Luintra seguimos a xogar, pintar e estimular aos nosos maiores procurando que se note o mínimo posible o que se está a vivir fóra das nosas paredes. Por suposto, o noso persoal toma todas as medidas de prevención recomendadas por Sanidades para a súa protección. Compartimos […]

Na Residencia de Luintra temos unha mensaxe para ti

O noso equipo da Residencia de Luintra ten unha mensaxe para ti, GRAZAS. Dende que se decretou o estado de alarma polo COVID-19 , na nosa residencia cumprimos todas as medidas de prevención, coidamos aos nosos maiores e procuramos telos entretidos para que estén o máis ao marxe posible do que está a acontecer fóra […]

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.