2

En resposta ás últimas novas publicadas nos medios de comunicacións queremos comunicarlles o seguinte;

Unha persoa do noso equipo deu, desafortunamente, positivo na proba de COVID-19 durante as súas vacacións. Informou da súa situación ao noso centro de traballo e non chegou a reincorporarse, nin a ter ningún tipo de contacto co equipo desde centro, nin tampouco cos usuarios.

Dende ese momento, 11 de marzo, este membro do equipo atópase en baixa laboral e confinado no seu domicilio.

Rogamos ás familias que, ante calqueira dúbida se poña en contacto directo connosco a través dos nosos medios telemáticos (986 69 22 29, info@residenciasilleda.com)

Reiteramos de novo que, afortunadamente tanto os nosos residentes como os nosos profesionáis están actualmente todos ben e cumprindo, como así o esixe Sanidade, con todas as medidas de prevención.

Dende hoxe, ademáis, o noso equipo atópase confinado no Hotel Vía Argentum para coidar e protexer ao máximo aos nosos maiores.

Rogamos tamén aos medios de comunicación que antes de dar noticias tan sensibles nun momento de tanta incertidumbre e dor para as familias, se poñan en contacto connosco para coñecer a realidade dos feitos.

Este é un momento difícil para todos e para nós é importantísimo darlle tranquilidade e total transparencia ás familias dos nosos maiores.

Estaremos encantados de informar aos medios de comunicación, ás familias dos residentes e a calquera ente público de cómo se están a realizar as xestións contra o COVID-19 na nosa residencia de Silleda.

Atentamente,
A dirección da Residencia de Silleda.

2 thoughts on “Comunicado Residencia de Silleda”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *