4

No día de onte, Amelia Ferreiroa entrevistou de novo á nosa directora Paula en Radio Voz Lalín para coñecer as novas medidas implantadas na residencia de Silleda, e tamén para coñecer de primeira man como se atopan os nosos residentes.

Os nosos maiores e o noso equipo poideron escoitar a entrevista en directo e, moi emocionados, recibiron os agarimosos saúdos de Amelia.

Paula recalcou que polo momento todos os maiores e todos os membros do equipo estamos ben. E tamén agradeceu a todo o noso equipo o gran esforzo que están a facer, deixando os seus fogares para facer turnos únicos e só estando nas súas casas para durmir.

O equipo está máis unido ca nunca, pola mesma causa, por coidar dos nosos maiores ante este desafío que é o COVID-19.

Nun dos seus últimos mensaxes recalcou a necesidade da residencia de Silleda de conseguir máis material, xa que o número de mascarillas que dispoñemos é limitado e para cumprir cos estándares de protección que Sanidade impón precisamos máis.

Grazas a todos os oíntes e, como sempre, grazas ás familias tamén.

4 thoughts on “Entrevista de Radio Voz a Paula Guzmán, directora da Residencia de Silleda”

  1. Gracias Paula, da gusto escucharte!!
    En estos momentos tan complicados, donde la familia no puede estar tan cerca como quisiera de sus seres más queridos, me gustaría agradecer a todo el personal del centro, vuestra dedicación, familiaridad, desvelo, trato, preocupación y profesionalidad que día a día demostráis.
    Mucho ánimo, lo estáis haciendo genial!!
    GRACIAS!!

    1. Muchísimas gracias Feli, es un placer escuchar palabras con tanto cariño.
      Estamos enormemente agradecidos por el apoyo recibido, todo lo hacemos por ellos y su salud.
      Un abrazo,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *