O noso equipo, dende onte en confinamento con turnos únicos e indo soamente ás súas casas soamente para durmir, está ben e con ganas e ánimo de coidar e protexer aos nosos maiores.
Todos sabemos que agora temos que facer un esforzo grande por xuntar forzas e animar aos nosos residentes para telos con todo o ánimo e, por suposto, entregarlles todo o cariño que agora as súas familias non poden.

Queremos compartir convosco unha foto das nosas compañeiras, fortes, unidas e comprometidas! Grazas a todas elas!
Se queres saber como é o noso confinamento, neste post atoparás toda a info: