O noso equipo vai descansar despois de 15 días de turno único.
Hoxe, domingo, este equipo de grandes profesionáis que levan xa 15 días en turno único rematan a súa quendan e van descansar por outros quince días. Descanso máis que merecido. Grazas a todos eles pola súa entrega e gran esforzo nestes días tan complexos, fixemos un gran traballo en equipo creando unha auténtica familia.
Manualidades de Semana Santa na Residencia de Silleda
Seguimos a traballar e facer actividades durante a Semana Santa. Nesta ocasión tocaron manualidades con veliñas.
Traballamos mediante videoconferencias.
Así son as nosas reunións ultimamente, sempre a través da pantalla e dende as nosas casas. Hoxe reunímonos co Hospital Clínico de Santiago de Compostela mediante videoconferencia. Continuamos a traballar adaptándonos aos novos medios e sen deixar de atender ás medidas e cambios que nos envían dende a Consellería de Sanidade.
Na Residencia de Luintra, estamos todos ben.
Así pasamos o tempo na nosa Residencia de Luintra, entre bailes e celebracións porque, estamos todos ben! Seguimos a cumprir con todas as medidas de seguridade e prevención contra a pandemia do coronavirus. Os nosos traballadores contan con material de prevención, cumprindo o que manda a Consellería de Sanidade. As inmediacións da residencia están desinfectadas […]
Continuan os traballos de desinfección.
Xa fai máis dun mes dende que comezamos coas medidas preventivas na Residencia de Silleda fronte ao Coronavirus. Aínda así non podemos relaxarnos, por iso as labores de desinfección tanto dentro coma fora da residencia continúan. Grazas de novo ao Concello de Silleda por desinfectar as nosas rúas.
Residencia de Silleda negativo en COVID-19. Comunicado Oficial.

A dirección da Residencia de maiores de Silleda quere comunicar o seguinte; Como saben as familias dos nosos maiores, durante o día de onte, día 7 de abril, foille practicada a proba de COVID-19 a todos os nosos maiores e a todos os nosos traballadores e traballadoras do centro, tanto os que están actualmente traballando […]
Seguimos con manualidades durante a Semana Santa
No confinamento da Residencia de Silleda seguimos a traballar cos nosos maiores. Facemos manualidades coas nosas compañeiras para traballar os nosos sentidos e reforzar a creatividade. Estamos facendo cousas chulísimas!
Hoxe comemos un flan riquísimo que nos preparou Juan
O noso Juan preparounos un riquísimo flan para o xantar de hoxe na nosa Residencia de Silleda! Seguimos no noso confinamento con positividade e con alegría. Seguimos a facer turnos únicos para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio. Os nosos maiores están con ánimo e seguen a facer as súas actividades intentando telos na […]
Instalacións da Residencia de Luintra
Así é o noso Centro de Día e Residencia para maiores ubicado en Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense. Unha residencia chea de luz, con espazos abertos, zonas para compartir e tamén zonas verdes para que os nosos maiores poidan desfrutar.
Manualidades en Semana Santa. Residencia de Silleda.
Estamos cheos de imaxinación, por iso, coas nosas compañeiras Belén e Susana facemos debuxos e creatividades. Este ano, por Semana Santa non podemos ter ramo, por iso decidimos facer unha palma creativa. Participaron todos os nosos maiores, aportando na medida das súas capacidades. Entre todos fixemos traballos super bonitos que enchen de cor a nosa […]