A dirección da Residencia de maiores de Silleda quere comunicar o seguinte;
Como saben as familias dos nosos maiores, durante o día de onte, día 7 de abril, foille practicada a proba de COVID-19 a todos os nosos maiores e a todos os nosos traballadores e traballadoras do centro, tanto os que están actualmente traballando coma os que están nas súas casas agardando polo seguinte turno.
Hoxe, recibimos a confirmación oficial por parte das autoridades sanitarias de que todas as probas realizadas nesta residencia deron NEGATIVO, polo que, na actualidade non temos ningún maior nin traballador contaxiado de COVID-19.
Quero transmitir a título persoal, como directora do centro, a todas as familias, amigos e coñecidos dos nosos residentes e dos nosos traballadores que non baixaremos a guardia en ningún momento nin relaxaremos as medidas de seguridade e prevención fronte a esta pandemia.
A nosa residencia segue a cumprir con toda a normativa que nos trasladan as autoridades sanitarias e a Consellería de Sanidade, o noso persoal segue confinado para a seguridade dos nosos maiores e continuamos a traballar con toda a protección recomendada.
Os nosos maiores están ben, tratámolos con todo o cariño e amor, coma sempre fixemos e sendo conscientes de que xa levan un tempo sen poder abrazar aos seus familiares, por iso, agora máis ca nunca, nós somos a súa familia.
Continuamos a facer videochamadas con familias para que teñan contacto cos seus maiores e sempre baixo a petición a través de mail ou chamadas.
Eu, Paula Guzmán, podo garantizarlle ás familias que nesta residencia non se relaxará ningunha medida de seguridade e que seguiremos facendo todo canto esté na nosa man pola seguridade dos nosos maiores da Residencia de Silleda.

5 respostas
E unha Gran alegría poder contar con tod@s vos.
grazas equipo!!
Un gran abrazo.
Gracias por todo o q estades facendo!!!!
Grazas a vós!
¡Es una noticia estupenda! Nos alegramos muchísimo de que todos esteis bien y fuera de peligro.
Es genial!
Ahora queda, no bajar la guardia y seguir cuidándonos para protegerles.
Un abrazo.