Labores de desinfección na nosa Residencia de Luintra

En Luintra continuamos coas labores de desinfección de todas as estancias da nosa residencia. Todos e todas traballamos cos equipos de protección recomendados polas autoridades sanitarias. A seguridade dos nosos maiores é primordial para nós.

O equipo da nosa Residencia de Silleda fará turnos únicos a partir do 31 de marzo.

Nun gran esforzo por parte de todo o equipo que conformamos Residencia de Silleda tomamos a seguinte decisión; Dende mañá, martes día 31 de marzo, a nosa residencia contará cun só turno de traballo, de xeito que o noso persoal teña o mínimo contacto fora da residencia, disminuíndo así o risco de poder ser contaxiados. […]

O noso equipo ten unha mensaxe para ti, grazas!

O noso equipo ten unha mensaxe para ti, GRAZAS. Dende que se decretou o estado de alarma, na nosa residencia cumprimos todas as medidas de prevención, coidamos aos nosos maiores e procuramos telos entretidos para que estén o máis ao marxe posible do que está a acontecer fóra do que xa é, a súa casa. […]

Así pasamos a fin de semana na Residencia de Silleda

Na nosa Residencia de Silleda pasamos o fin de semana xogando e estimulando aos nosos maiores. Compartimos con todos vós estas fotografías (nas que debemos pixelar as súas caras para protexelos) para que sintadez a paz de velos a todos ben. Ánimo e moita forza a todxs os que nos axudan co seu confinamento! Grazas

Os nosos residentes están de cumpreanos

Durante o mes de marzo estiveron de cumpreanos varios dos nosos residentes! Celebrámolo con cada un deles e con todos os seus compañeiros con moito humor e moito amor! Parabéns a todos e todas!

Na Residencia de Silleda estamos todos ben!

Este video foi feito no día de onte e está feito especialmente para as familias de todos os nosos queridos mozos e mozas. Estamos todos e todas ben, e esto hoxe por hoxe é unha moi boa noticia. Queremos dar unhas GRAZAS moi grandes e especiais a todas as persoas que se ofreceron voluntarias para […]

O Concello de Silleda desinfecta as rúas en puntos clave como a nosa Residencia

No seu Facebook, o Concello de Silleda amosou, como esta mesma mañá se estaban a desinfectar algunhas das rúas do noso pobo. Entre elas, por suposto, a da Residencia de Silleda. “Unhas tarefas que se están a axilizar grazas á colaboración de Hermanos VILLAR, que nos cedeu unha máquina atomizadora con gran capacidade e de Disiclín, que […]

“Na Residencia de Silleda non hai ningún caso de COVID-19 a día de hoxe”

O día de onte a nosa directora Paula foi entrevistada no programa Fun polo aire, da CRTVG.  Grazas aos medios por interesarse por nós e por permitirnos contar en qué situación se atopa a nosa Residencia de Silleda e tamén os noso residentes.  Podes ver a entrevista neste enlace ( a partir do minuto 9:00): […]

XUNTOS CONTRA O COVID-19

Dende a Residencia de Silleda queremos lanzar unha mensaxe de forza e positivimo. Xuntos venceremos o COVID-19. Grazas a todos os heroes e heroínas que nos coidan, profesionais da sanidade, da alimentación, do transportes, corpos de seguridade do Estado. A todos e aos que #quedannacasa GRAZAS, porque XUNTOS IMOS FREAR ESTA PANDEMIA.

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.