https://www.facebook.com/concello.desilleda/videos/919032928528041/
No seu Facebook, o Concello de Silleda amosou, como esta mesma mañá se estaban a desinfectar algunhas das rúas do noso pobo. Entre elas, por suposto, a da Residencia de Silleda.
“Unhas tarefas que se están a axilizar grazas á colaboración de Hermanos VILLAR, que nos cedeu unha máquina atomizadora con gran capacidade e de Disiclín, que está a doar 1.000 litros diarios de líquido desinfectante. ” palabras do Concello de Silleda.
Todas as medidas son poucas para a prevención e a paralización desta epidemia mundial que é o COVID-19.
Grazas a Disiclín, Hermanos Villar, ao http://concello de siledaConcello de Silleda e a todos e todas os que nos axudan.

