O día de onte a nosa directora Paula foi entrevistada no programa Fun polo aire, da CRTVG.
Grazas aos medios por interesarse por nós e por permitirnos contar en qué situación se atopa a nosa Residencia de Silleda e tamén os noso residentes.

Podes ver a entrevista neste enlace ( a partir do minuto 9:00): http:// http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-328-4350245?t=479
Aqui vos deixamos varias das conclusións que quixo transmitir Paula na súa entrevista👇🏼.
- Dentro da residencia vivimos unha normalidade cotidiana na que se desenvolven as actividades que xa había programadas e dentro da cal intentamos que os residentes noten os mínimos cambios. Todo isto convivindo, por suposto, coas medidas preventivas do Covid-19.
- Polo momento non temos ningún caso de Covid-19 na empresa.
- A nosa residencia de Silleda está dotada de material a día de hoxe, grazas tamén a donacións privadas. Sin embargo, nestos momentos toda protección é pouca.
- A nosa residencia está vixiada permanentemente tanto polos nosos médicos como pola propia Xunta de Galicia. Empregramos todo o material de protección do que dispoñemos e todo o persoal se desinfecta para entrar e saír.
- Os residentes da nosa Residencia en Silleda fan videochamadas coas súas familias cando estas o solicitan.
- 🙏🏼Estamos agradecidos a todas as familias pola comprensión que nos amosan nestos días tan difíciles tamén para eles.
Como facer videochamadas cos residentes.
Se eres familiar dun dos nosos residentes e queres velos a través de videochamada tan só debes solicitarnos a túa visita (con mínimo un día de antelación) indicando o día e a hora que che resulte máis conveniente.

Contáctanos a través de chamada telefónica no número 986 69 22 29 ou enviando un correo electrónico ao email info@residenciasilleda.es ou a tsocial@residenciasilleda.es
No seguinte post atoparás máis información: https://residenciasilleda.es/archivos/748