Desfrutamos a tope de cada momento!
Na nosa Residencia sabemos moito de divertirnos e de aproveitar os días facendo unha morea de actividades que nos encantan. Estas actividades mantéñennos entretidos, permítennos socializar e ademáis, melloran as nosas capacidades cognitivas e psicomotrices. Puzzles, calceta, manualidades, e por suposto, unha das nosas favoritas: desfrutar dos días de bo tempo comendo todos xuntos no […]
Visitamos a Semana Verde
Hoxe estamos moi felices porque estamos de visita na XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. Todo un acontecemento do que estabamos desexando poder desfrutar de novo. VIsitamos os diferentes pabillóns e tamén nos pasamos por Salimat, Turexpo e Fecap, e pasámolo en grande recorrendo os stands. Gandeiría, artesanía, gastronomía, maquinaria agrícola,… Os nosos […]
Parabéns a todos!
Este mes de Agosto celebramos unha morea de aniversarios dos nosos residentes Alfonso, Vicenta, Mercedes, Elena, Jose, … Unha vez máis queremos desexarlles moitísimas felicidades con todo o amor e o agarimo do mundo. Deixámosvos un pequeno video resumo para que podades ver canto desfrutamos na nosa Residencia das festas de cumpleanos… Non podemos negar […]
Celebramos a Festa do Verán
Desfrutamos do verán e do bo tempo nun entorno privilexiado. Aos nosos maiores encántalles sair ao exterior e desfrutar do cando dos paxariños, vendo as flores e sentindo a brisa. Así foi a tarde de onte, chea de sorrisos e de estímulos positivos para os nosos maiores.
Celebrando o Santa María e o verán
Un verán máis celebramos o Santa María e por que non, tamén o verán. Tardes de bo tempo onde os nosos maiores o pasan xenial e desfrutan da vida. Xogan, charlan e merendan… Agora estamos contando os días para facer a festa final de verán nun entorno exterior rodeados de río. E o dia 3 […]
Celebrade o verán!
O noso animador Lucas propúxonos unha actividade das que máis nos gustan… Cortar, pintar, pegar,… E dar forma a un novo mural para alegrar ainda máis as paredes da nosa residencia. Gracias a esta nova manualidade, todos os días nos lembraremos do importante que é celebrar e agradecer. É unha parte importante da felicidade e […]
Parabéns a os cumpleañeiros de xullo!
Un mes máis temos o pracer de celebrar o cumpleanos de varios dos nosos residentes. Este mes de xullo foi o turno de soprar as velas con Blanca, Mercedes, Teresa e Paco. Moitos parabéns a todos! Agardamos que os vosos desexos se fagan realidade, e que podamos soprar moitas máis velas xuntos.
Desfrutamos a tope do verán!
Como xa sabedes, na nosa Residencia aproveitamos os días ao máximo para desfrutar, divertirnos e exercitar corpo e mente. A semana pasada saímos a xogar ao bingo, os birlos e a petanca, pasando unha tarde de xogos marabillosa cos nosos maiores. Ademáis, dimos paseos estupendos e fixemos un fermoso mural que nos alegra ainda máis […]
Celebramos o día dos avós con todos vós!
O próximo luns 26 é o Día mundial dos avós e avoas, e en COVIASTEC queremos botarvos unha man para que poidades sorprender aos vosos como se merecen. Contacta con nós para reservar a túa cita previa, xuntos conseguiremos organizar un día fermoso, diferente e emotivo, sempre mantenr as medidas de seguridade para garantir a […]
Así traballamos na nosa Residencia!
Na nosa Residencia non paramos de traballar ainda que sexa verán! Pero xa sabedes…, aquí o traballo nunca está reñido coa diversión. Buscamos sempre a parte lúdica para que os nosos residentes disfruten e se divirtan mentres exercitn corpo e mente. Ademáis, tamén demos fermosos paseos pola Ribeira Sacra. Somos uns auténticos privilexiados por poder […]