Recibimos a 3ª dose da vacina

Hoxe estamos inmensamente felices, porque recibimos a 3ª dose da vacina contra a COVID-19. Deste xeito damos por completado todo este proceso de loita contra o virus que foi tan duro en moitos momentos para todos. Ainda así, non baixaremos a garda nin relaxaremos as medidas en ningún momento para salvagardad a saíde e o […]

Saimos en Fun polo Aire da TVG!

Os amigos do programa Fun polo Aire, emitido polas tardes na TVG visitáronnos para coñecer de preto como estamos a levar o proceso da 3ª dose da vacina contra a COVID. Tanto os nosos maiores coma todo o equipo humano, estamos moi contentos de que o proceso de vacinación se esté a levar a cabo […]

Día do Alzheimer

O pasado martes foi o Día Mundial do Alzheimer. Un día no que recordamos a importancia de seguir traballando para mellorar a calidade de vida das personas que sufren esta enfermidade, y das personas coidadoras. Na nosa Residencia realizamos a diaria diferentes actividades para axudar a previr esta a outras doenzas, así como para fortalecer e […]

Participamos no programa Voces do Deza de Radio Voz

Onte, a nosa directora Paula participou no programa Voces do Deza de Radio Voz. Falamos da 3ª dose da vacina para os nosos maiores, de como nos atopamos, das nosas saídas e plans, e de como pouco a pouco imos recuperando a nosa normalidade. Sempre sen perder a alegría e a felicidade e con moito […]

Dámoslle a benvida ao Outono!

Mañá, día 22 de setembro tócanos despedirnos do verán a ta o ano que vén. Pero non pensedes que nos pomos tristes… Porque iso significa que chega o outono, e a nós encántanos esta estación. As súas cores douradas, os magostos, os paseos á tardiña, as tempada de setas, a súa luz tan especial,… Son […]

Somos amantes da cultura e a tradición.

Como xa vos contamos en ocasións anteriores, na nosa Residencia a Cultura e a Tradición ocupan un lugar moi importante. Son moitos os momentos nos que desfrutamos compartindo cancións populares, poesías, saberes, contos e ditos tradicionais. Hoxe queremos compartir con todos vós 2 momentos dos que desfrutamos nos ultimos días e que poñen de manifesto […]

Temos as mellores voces do Deza!

Os nosos maiores obséquiannos continuamente con momentos tan fermosos e entrañables coma este. E hoxe, queríamos compartilo con vós e facervos partícipes do ben que o pasamos todos xuntos. Desfrutade desta xoia!

Imos de excursión!

Onte fumos de excursión ás illas de Gres a Ponteledesma. Visitamos as Illa de San Ramón e despois desfrutamos dunha deliciosa e divertida comida na Área Recreativa da Carixa. Dende logo, non pode haber mellor maneira de ir despedindo o verán, e ir recibindo ao fermoso outono. Pasamos un día marabilloso!

Comezamos co mural de Outono!

Como xa sabedes, na nosa Residencia gústanos moito recibir os cambios de estación cun fermoso mural que elaboramos cas nosas propias mans e moito agarimo. E como xa sabedes tamén, gústanos traballar as cousas con tempo para poder desfrutalas. E por iso comezamos xa a elaborar o noso mural de outono. Os nosos maiores atópanse […]

Volvemos a celebrar a Eucaristía

Pouco a pouco imos retomando a normalidade en todos os aspectos do noso día a día. Hoxe estamos moi felices porque onte volvemos a recibir ao noso párroco José para a celebración da Eucaristía. Tanto o persoal coma os residentes estamos moi agradecidos a José pola marabillosa labor que desempeña. Algo que pode parecer tan […]

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.