0

Mañá, día 22 de setembro tócanos despedirnos do verán a ta o ano que vén.

Pero non pensedes que nos pomos tristes… Porque iso significa que chega o outono, e a nós encántanos esta estación.

As súas cores douradas, os magostos, os paseos á tardiña, as tempada de setas, a súa luz tan especial,… Son moitas as cousas que botamos de menos desta época do ano.

Como non podía ser doutro xeito, puxémonos mans á obra para confeccionar un mural que alegre as nosas paredes e os nosos días, mentres nos lembra o fermoso que é o Outono, e a vida.

Traballamos arreo para poder rematalo, pero como vedes, desfrutamos moitísimo tanto do proceso, coma do resultado.

Agardamos que vos guste tanto como a nós!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *