0

Hoxe estamos moi felices porque estamos de visita na XLIII Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Todo un acontecemento do que estabamos desexando poder desfrutar de novo.

VIsitamos os diferentes pabillóns e tamén nos pasamos por Salimat, Turexpo e Fecap, e pasámolo en grande recorrendo os stands.

Gandeiría, artesanía, gastronomía, maquinaria agrícola,… Os nosos maiores queren velo todo e nós non podemos estar máis contentos acompañándoos e vendo as súas caras de felicidade.

As instalacións da Feira Internacional de Galicia están ao carón da nosa Residencia, polo que as vemos os 365 días do ano.

Para nós é todo un privilexio e un orgullo ver como pouco a pouco se van recuperando estes eventos que nos dan vida e que axudan a impulsar a economía de Galicia.

Seguimos desfrutando!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *