Como xa sabedes, na nosa Residencia aproveitamos os días ao máximo para desfrutar, divertirnos e exercitar corpo e mente.
A semana pasada saímos a xogar ao bingo, os birlos e a petanca, pasando unha tarde de xogos marabillosa cos nosos maiores.
Ademáis, dimos paseos estupendos e fixemos un fermoso mural que nos alegra ainda máis os días.
Agardamos que vos guste tanto como a nós!
