Feliz Día Internacional das Auxiliares de Enfermería!

Hoxe, 14 de xullo, celebramos o Dís Internacional das Auxiliares de Enfermería. Nós estamos moi orgullosos das nosas, excelentes profesionais e mellores persoas, que fan o noso Equipo Humano ainda máis grande. Nun día coma hoxe non podemos deixar pasar a oportunidade de facerlles a nosa particular homenaxe, e sobre todo, de agradecerlles o seu […]

Poñémonos máis fermosas aínda!

Sentirnos ben con nós mesmas é moi importante para afrontar o día a día. Non podía ser menos na nosa Residencia de Luintra. Esta semana tocou sesión de perruquería, e as nosas maiores quedaron aínda máis fermosas do que xa eran. Feliz fin de semana a todos!

Días de Sol na Residencia de Silleda.

Sae unha raiola de sol e nós xa estamos no noso recén estreado xardín. Sempre con protección solar e con gorriñas que nos protexan a cabeza da exposición solar, falamos, rimos e pasámolo ben desfrutando do sonido dos paxariños. O bo tempo fai que os nosos maiores estén máis contentos. Aproveitamos para fomentar a dinamización […]

Comprometidos cos nosos traballadores

En Coviastec estamos altamente comprometidos cos nosos traballadores, e sempre velamos polo seu benestar tanto persoal, coma profesional. Por iso damos moita importancia á formación continua, para alcanzar a excelencia no eido profesional. Durante os vindeiros días estaremos recibindo unha formación presencial nas nosas instalacións. Sentímonos moi ilusionadas e motivadas para ofrecer o mellor de […]

Traballo e xogos

Como xa sabedes, na nosa Residencia velamos pola saúde dos nosos maiores, tanto física como mental, e por eso promovemos multitude de actividades que lles aportan moitos beneficios a nivel memorístico e cognitivo. Ademáis, sempre buscamos que ditas actividades teñan un compoñente lúdico para que os residentes, ademáis, desfruten, estén entretidos e o pasen ben. […]

Novo xardín na Residencia de Silleda

Xa vos fomos amosando as obras no noso fermoso xardín, agora podemos amosarvos o resultado final. Agora sí podemos desfrutar de tempo de calidade ao aire libre nun precioso espazo destinado á calma, ao xogo e á fala entre amigos. Grazas a todos os que nos axudaron nesta preciosa reforma.

Cumpleanos, paseos e deporte!

O venres pasado celebramos con moite ledicia os cumpleanos de Consuelo e Suso. Houbo tarta, velas, moi bos desexos e moita alegría. Foi un día moi divertido e completo, porque tamén aproveitamos o bo tempo para pasear e para xogar ao baloncesto. Pasámolo xenial! Felicidades Consuelo! Felicidades Suso! Grazas a todos os residentes pola súa […]

Un pequeno brindis pola vida!

Como xa sabedes, na nosa Residencia calquer excusa é boa para celebrar e pasar unha agradable velada xuntos. Onte, aproveitamos o día de San Xoán para desfrutar dunha estupenda comida cunha sobremesa maravillosa na que non faltaron os doces e os brindis. Os nosos maiores sempre agradecen estas pequenas festas, encántalles a música e as […]

Celebramos o San Xoán

Como non podía ser doutro xeito, onte pasamos o día celebrando o San Xoán. Durante a tarde xogamos e practicamos deportes como o baloncesto e o golf. Quen dixo que os nosos maiores non poden practicar deportes que lles encantan? Pásano en grande desfrutando da parte lúdica, e ademáis énchense de enerxía e vitalidade grazas […]

Celebramos 52 anos de amor!

Onte celebramos con grande alegría o 52 aniversario desta fermosa parella de residentes. Máis de 5 décadas de amor, amizade, comprensión e apoio mutuo que deron como froito unha familia marabillosa e un montón de amigos e xente que lles temos un cariño moi especial. Parabéns de novo chicos, seguiremos celebrando xuntos cada día especial.

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.