Como non podía ser doutro xeito, onte pasamos o día celebrando o San Xoán.
Durante a tarde xogamos e practicamos deportes como o baloncesto e o golf. Quen dixo que os nosos maiores non poden practicar deportes que lles encantan?
Pásano en grande desfrutando da parte lúdica, e ademáis énchense de enerxía e vitalidade grazas aos múltiples beneficios que lles aporta o exercicio físico moderado e adaptado ás súas condicións.


E cando chegou a noitiña, preparámonos para espantar as meigas co bandullo cheo de deliciosos manxares coma estar sardiñas frescas con cachelos.

Foi un día moi divertido e tivo o mellor remate posible celebrando as nosas tradicións con música e boa compañía.




