En Coviastec estamos altamente comprometidos cos nosos traballadores, e sempre velamos polo seu benestar tanto persoal, coma profesional.
Por iso damos moita importancia á formación continua, para alcanzar a excelencia no eido profesional.
Durante os vindeiros días estaremos recibindo unha formación presencial nas nosas instalacións. Sentímonos moi ilusionadas e motivadas para ofrecer o mellor de nós aos nosos maiores.




