Poñémonos guapísimas
O pasado venres desfrutamos dunha marabillosa tarde de beleza da man da nosa perruqueira Vanessa. Ás nosas residentes gústalles estar a última, e por iso aproveitamos para cortar, teñir e peinarnos seguindo as tendencias actuais. Nós sempre as vemos guapas, pero hai que recoñecer que agora están espectaculares!!
Xogos e diversión
As tardes na Residencia de Luintra son do máis divertidas. Aos nosos maiores encántalles divertirse xogando ás cartas. Tute, brisca, subastado, … Dominan un montón de xogos e pásano en grande mentres exercitan a mente sen darse conta.
Preparando o Outono
Na Residencia de Silleda encántanos o Outono e as súas cores, e por iso comezamos xa a prepararnos para a estación dourada. Cabazas de samahín, follas de cores alaranxados que caen das árbores, … Os nosos maiores están a elaborar un montón de manualidades que darán forma a un novo mural para aledar o noso […]
Alimentación sa e de calidade.
Na Residencia de Luintra coidamos moito a alimentación dos nosos maiores. Se algo podemos destacar da nosa cociña, é o agarimo con que elaboramos todas as recetas, para as que empregamos sempre produtos locais e de proximidade. Porque unha dieta sa e equilibrada contribúe a manter unha boa saúde.
Facemos un novo mural
Cada novo mural que elaboran os nosos maiores da Residencia de Silleda coa animadora, ten algo especial. Nesta ocasión, recreamos unha árbore chea de flores de cores, un campo repleto de xoaniñas e un sol radiante. Sen dúbida, este mural, xunto cos outros que fixemos anteriormente, contribúen a alegrar os días dos nosos residentes e […]
O resultado da nosa vendima
Hoxe queremos amosarvos o resultado final dos nosos traballos de manualidades en torno á vendima. Tanto os nosos maiores coma nós estamos moi orgullosos e satisfeitos co traballo realizado. Quedounos un mural precioso! Con estas actividades fomentamos un montón de aspectos positivos para os nosos maiores, como a motricidade e a capacidade cognitiva. Moito máis […]
A nosa particular Vendima
Na Residencia de maiores de Silleda todos nos atopamos fenomenal, e cada día temos máis ganas de facer actividades novidosas, funcionais e divertidas. Así de ben o pasamos recreando unha vendima á nosa maneira. Os nosos maiores pasaron unha tarde moi agradable, e nós estamos moi felices de velos desfrutar!
Cada cumpreanos, unha festa!
Esta fin de semana tivemos o inmenso pracer de celebrar o cumpreanos dunha das nosas residentes. Nada nos gusta máis que festexar os anos de vida cos nosos queridos maiores, e por eso celebramos unha pequena festa con actividades e xogos coma o Bingo. Outra tarde chea de diversión e ledicia na nosa Residencia!
Incorporación dun psicólogo
Porque como para nós o máis importante é o benestar e a saúde dos nosos residentes, a partir da próxima semana incorporarase ao noso equipo de profesionais un psicólogo a nosa residencia.
Actividades e talleres
Na residencia de Maiores de Luintra seguimos coas nosas actividades e talleres habituais. Eso si, con moita precaución e todas as medidas de seguridade