Cada novo mural que elaboran os nosos maiores da Residencia de Silleda coa animadora, ten algo especial.

Nesta ocasión, recreamos unha árbore chea de flores de cores, un campo repleto de xoaniñas e un sol radiante.
Sen dúbida, este mural, xunto cos outros que fixemos anteriormente, contribúen a alegrar os días dos nosos residentes e a facer desta Residencia un auténtico fogar, acolledor e familiar.
