Hoxe queremos amosarvos o resultado final dos nosos traballos de manualidades en torno á vendima.
Tanto os nosos maiores coma nós estamos moi orgullosos e satisfeitos co traballo realizado. Quedounos un mural precioso!

Con estas actividades fomentamos un montón de aspectos positivos para os nosos maiores, como a motricidade e a capacidade cognitiva. Moito máis que manualidades para coidar e divertir aos Residentes!.

