Xerontoximnasia, bingo e manualidades
Canto nos gusta compartir actividades e momentos cos nosos residentes! Esta semana realizamos xerontoximnasia, exercicios destinados a mellorar a saúde mental e física dos nosos maiores.
Festa de verán
Este mércores celebramos con todos os nosos residentes unha gran festa de verán. A chuvia non foi capaz que quitarnos as ganas de festas, así que celebramos este día con música, boa comida y moito ritmo.
Tardes de chuvia e bingo
Na residencia de maiores de Luintra poñemos boa cara ao mal tempo a través de xogos e actividades como o bingo.
Preparativos festa de verán
Na Residencia de Silleda estamos ultimando os preparativos para a festa de verán que terá lugar este mércores 19. Os nosos residentes participan activamente na creación da súa decoración.
A nosa animadora Sol non deixa de propoñernos actividades que estimulan os nosos sentidos e melloran a nosa capacidade cognitiva. Os nosos residentes pásano en grande ao tempo que traballan motricidade e coordinación. E nós, como sempre, desfrutamos véndoos felices!
Restrinximos as visitas na Residencia de Luintra
Ante o comunicado do Concello de Nogueira de Ramuín, no que se confirma a existencia dun caso positivo en Coronavirus, decidimos restrinxir as visitas dos familiares na Residencia de Luintra. Esta restricción farase efectiva a partir de mañá, xoves 13 de agosto, e ten un caracter totalmente preventivo. Rogámoslle a todas as familias que nos […]
Paseos en Luintra
Encántannos os días de verán para sair a pasear cos nosos residentes da Residencia de Luintra. Tanto eles coma nós o pasamos en grande, e aproveitamos para exercitar o corpo e despexar a mente.
Restrinximos as visitas de familiares na Residencia de Silleda

Debido aos últimos acontecementos e de xeito totalmente preventido na Residencia de Silleda decidimos restrinxir as visitas dos familiasres aos nosos maiores dende mañán sábado 8 de agosto. O noso equipo médico, que segue a evolución do COVID-19 de preto, e a dirección do noso centro vense na obriga de tomar unha decisión drástica, sendo […]
Mañás productivas en Silleda
Na Residencia de Silleda gústanos sacarlle moito partido aos días. Así de ben traballamos! Facemos moitas actividades cos nosos residentes para combatir a ola de calor destes días. Así divertímonos e exercitamos corpo e mente ao fresquiño!
Felicidades, Ramona!
Tivemos o grandísimo pracer de celebrar o 82 cumpleanos de Ramona, amiga e compañeira. Unha muller que veu pasar unha tempada con nós, e decideu quedarse no seu fogar en Luintra. Moitísimas felicidades, Ramona! Por moitas máis celebracións xuntos.