Hoxe facemos flores!

O Equipo de Animación da Residencia de Silleda non para de artellar actividades! Sen dúbida, son os máis creativos da Residencia. Estivemos facendo unhas fermosas e alegres flores con moldes de magdalenas. Quedaron chulísimas e vannos servir para continuar adornando o mural da nosa parede. Así da gusto camiñar polos nosos pasillos.

Que ben comemos!!

Sempre elaboramos menús equilibrados con produtos de primeira calidade, pero hai días que parecen de festa! Que vos parecen estas pescadas e estos lirios fresquísimos que lles preparamos aos nosos residentes? Estaban para chupar os dedos!

Tardes de diversión en Luintra

Na Residencia de Luintra sabemos moi ben como divertirnos! E tamén como combater as tardes de calos que nos está a dar este mes de Xullo, aproveitando a zona do xardín. Unha tarde moi entretida na que desfrutamos, e exercitamos corpo e mente.

Cumpreanos en Xullo

Na Residencia de Maiores de Silleda despedimos este caluroso mes de Xullo celebrando por todo o alto os cumpleanos dos nosos residentes. Coma sempre, pasámolo xenial! É todo un orgullo para nós poder seguir celebrando a vida con alegría e positividade. Por moitos máis cumpreanos xuntos!

Días de sol e manualidades

Na Residencia de Luintra encántanos aproveitar os días tan bos que nos está a regalar este verán. Onte saímos a pasear e recoller flores cos nosos residentes. Despois fixemos estas fermosas postais con moitas cores para rematar unha xornada do máis alegre. Seguiremos amosándovos as nosas actividades, agardamos que vos gusten tanto como a nós!

Grazas, familias!

Para nós, sempre é unha gran alegría recibir mensaxes como esta, na que os familiares dun dos nosos residentes nos dan as grazas polo noso traballo. O Equipo da Residencia, tanto de Silleda como de Luintra, está formado por profesionais apaixoados polo seu traballo, que se entregan en corpo e alma cada día para que […]

A nosa horta de Luintra segue medrando!

A primaveira e o verán teñen cousas tan bonitas como poder desfrutar da túa horta vendo medrar os produtos de tempada. Así nos pasa a nós coa horta de Luintra, que xa nos trae as primeiras fresas, pementos e leitugas. E axiña teremos tomates!

Máis ca unha residencia, un fogar

Dende que tomamos a decisión de cear unha Residencia de maiores en Silleda, quixemos que máis que unha residencia fose un fogar. Por iso, cada detalle da construcción da nosa Residencia está pensada para a comodidade dos nosos maiores, todo o noso mimo está posto en facer desta residencia un auténtico fogar. Nestes sofaciños que […]

Cociña propia nas nosas residencias.

Un dos principais condicionantes para gozar dunha boa saúde, sobre todo na xente maior, é coidar a alimentación. Nas nosas residencias contamos con cociña propia e de calidade. Os nosos cociñeiros encárganse de crear uns menús ricos en todos os nutrintes que os nosos maiores precisan. Por suposto, moitos dos menús están adaptados ás necesidades […]

Día do Carmen na Residencia de Silleda

Hoxe é o Día da Nosa Señora do Carmen, Patrona dos nosos mariñeiros. Dende a Residencia de Silleda queremos felicitar a todas as Carmén tanto de dentro como de fóra da mesma. Hoxe, ademáis é un día especial para a nosa residente guerreira Mercedes, que está de cumpreanos! Queremos felicitala dun xeito especial polo seu […]

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.