Na Residencia de Luintra encántanos aproveitar os días tan bos que nos está a regalar este verán.
Onte saímos a pasear e recoller flores cos nosos residentes.
Despois fixemos estas fermosas postais con moitas cores para rematar unha xornada do máis alegre.
Seguiremos amosándovos as nosas actividades, agardamos que vos gusten tanto como a nós!

