Un Nadal moi divertido
Este Nadal é un pouco atípico, pero na Residencia de Silleda sabemos como desfrutalo a tope e facer que os nosos maiores se divirtan. Nunha época coma esta, é moi importante inundar as nosas instalacións de ledicia e felicidade, para que os nosos residentes leven o mellor posible a situación e vivan un Nadal tan […]
Cumpleanos do mes!
Como cada mes, tivemos o inmenso pracer de celebrar o cumpleanos de varios dos nosos residentes. Pasamos uns momentos moi divertidos que sempre quedarán para o recordo, con moitas risas, actividades, xogos e música da boa. Parabéns a todos os homenaxeados este mes!
Comprometidos con Silleda
Entregamos 40 menús de Nadal ás familias de Silleda que máis o precisaban. O Nadal é unha festa que ninguén debería deixar de celebrar, porque nos enche de ilusión e de amor. Nós puxemos o noso pequeno gran de area para que o Nadal chegue a todas as casas do noso pobo, porque axudándonos entre […]
Somos un gran Equipo!
Temos a sorte de ser un gran Equipo, e así nos gusta celebrar o coidado dos nosos maiores. A ledicia sempre forma parte do noso día a día na Residencia de Maiores de Silleda. É moi importante para nós, para desempeñar o noso traballo con moito agarimo e adicación, e para contaxiar aos nosos residentes […]
Festa navideña
Onte celebraramos o Nadal cunha festa como nos merecemos!! Bailes, merendola, e sobre todo, brindis por unhas felices Festas!!
Recollida de xoguetes
Dende Coviastec, conscientes dos momentos duros que están a atravesar moitas familias, puxemos en marcha unha campaña de recollida de xoguetes e produtos de primeira necesidade. Todo o que recollimos foi doado a unha asociación da Comarca. Moitas grazas a todos os que colaborástedes, son os xestos solidarios e desinteresados os que nos fan mellores. […]
Que viva o Nadal!
As datas máis importantes do Nadal están moi preto, e na Residencia de Silleda xa levamos uns días preparándonos e desfrutando do ambiente Navideño. Ledicia, diversión, moitas emocións e a mesma ilusión que cando eramos cativos. Así vivimos o Nadal na nosa residencia.
Bo Nadal!
Con esta postal tan especial, querémosvos dar as grazas por contar con nós, polo voso apoio e confianza. Desexámosvos un Nadal que ainda que sexa diferente, veña cheo de felicidade, amor e sobre todo, de saúde. Felices Festas e próspero Aninovo!
Seguimos estando libres de COVID19
Unha vez máis, tras realizar un cribado de test para a detección de COVID 19, comprácenos enormemente anunciar que a nosa Residencia continúa estando totalmente libre de Coronavirus. Todos os nosos residentes, así coma todo o persoal humano resultou negativo en ditos test, e non podemos estar máis contentos e orguiosos do bo traballo que […]
Felicitamos o Nadal ás nosas familias.
En Luintra quixemos que os nosos maiores felicitasen as Festas ás súas familias dun xeito moi especial. Aproveitamos a temática navideña para facer unha tarde de manualidades da que sairon estas fermosas tarxetas de felicitación. Os nosos residentes pasárono en grande facendo as postais, e ao mesmo tempo entrenamos aspectos como a psicomotricidade fina, a […]