AVISO IMPORTANTE
Este ano o Nadal será diferente, pero non por elo ten que ser peor. Poñemos en marcha, en colaboración co Concello de Silleda, un servicio de comidas e ceas gratuita nos días especiais de Nadal para todas aquelas persoas que o precisen. O servicio será de cea os días 24 e 31 de decembro, e […]
O noso fermoso mural de Nadal
O outro día ensinabámosvos como comezamos a traballar no mural que adornará a nosa Residencia durante esta época de Nadal. Como vedes, os nosos residentes traballaron moi duro e con moito agarimo e o resultado non nos pode parecer máis fermoso. Un mural cheo de cores brillantes, ledicia e diversión que axudará ainda máis a […]
O Nadal invade a nosa Residencia
Comezamos a darlle forma ao mural de temática navideña deste ano na nosa Residencia de Silleda. Os nosos residentes, coma sempre, están moi motivados e implicados na elaboración deste mural, que alegra non só as nosas paredes, senón tamén os nosos días. A visita que nos fixo a neve hai uns días aumentou ainda máis […]
Día de neve en Luíntra
Así de forte vimos nevar hoxe en Luintra. Os nosos residentes estiveron encantados de ver a neve, e foron moitas as lembranzas, contos e anécdotas que nos contamos e coas que nos divertimos moito. Agora que xa empezamos a pensar no Nadal, nada mellor que ver unha paisaxe tan fermosa coma esta.
Chegou a neve!
Esta mañá sorprendeunos a neve en Silleda. Aos nosos residentes encantoulles mirar como caian as folerpas a través das ventás, e ainda que fóra fai moi frío, nós estivemos moi quentiños na nosa Residencia desfrutando da paisaxe.
Visitas especiais de Nadal
De cara ás vindeiras datas de Nadal, faremos visitas especiais. Estas visitas serán permitidas só para o familiar de referencia (nin amigos, nin coñecidos) e só unha persoa por semana. Poderase solicitar visita os días 22, 23, 24, 25, 30 e 31 de Decembro, e o 1, 4, 5 e 6 de Xaneiro. En horario […]
Celebramos moitos Cumpleanos!
Esta fin de semana celebramos o cumpleanos de varios dos nosos residentes. Comimos tarta, soplamos as velas para pedir moitos desexos, e pasamos unha tarde super divertida en moi boa compañía. Parabén a todos e por moitos anos máis!
Comezamos coa nova horta!
Esta fin de semana comezamos a poñer en marcha unha nova horta na nosa Residencia de Luintra. Arrincamos prantando nabizas e repolos. Estamos desexando amosarvos o resultado do noso traballo dentro duns meses!
Todos negativos en COVID19
Unha vez máis, temos o pracer e a felicidade de anunciarvos que todo o equipo humán e todos os nosos residentes continuamos a ser negativos nas probas de detección de COVID19 Seguiremos sendo moi estrictos cos protocolos de seguridade e hixiene e aplicaremos, como o levamos facendo ata o de agora, medidas escrupulosas de prevención. […]
Contra a violencia de xénero.
Todo o equipo humán das Residencias de Maiores de Silleda e Luintra queremos poñer de manifesto o noso absoluto rechazo á violencia de xénero en calquera das súas formas. Nin golpes, nin palabras ferintes, nin actitudes controladoras deben ser toleradas nin soportadas por ningún. Se sufres, ou coñeces a alguén que sufra algún tipo de […]