De cara ás vindeiras datas de Nadal, faremos visitas especiais.
Estas visitas serán permitidas só para o familiar de referencia (nin amigos, nin coñecidos) e só unha persoa por semana.
Poderase solicitar visita os días 22, 23, 24, 25, 30 e 31 de Decembro, e o 1, 4, 5 e 6 de Xaneiro. En horario de 11 a 13 ou de 15:30 a 18:00 horas. A duración destas visitas será de 15 minutos.
Será necesario solicitar estas visitas ao longo desta semana, para poder organizar as quendas do mellor xeito posible para todos.
Nós celebraremos as datas especiais do Nadal, este ano con máis ganas ca nunca. Celebraremos o fin de ano o día 31 de decembro ás 12:00 da mañá, este ano sen os familiares, pero agardando que o ano que vén podamos volver a celebralo todos xuntos.
A cea de Noiteboa será ás 20:00, e o día de Reis teremos unha festa dentro da propia Residencia, ainda que este ano non nos visitarán os Reis Magos, onde obsequiareos a todos os nosos maiores cun presente.
Moitas grazas a todos de antemán pola vosa comprensión e colaboración. Desexámosvos que teñades unhas Festas moi felices!
