Día de Reis na Residencia de Silleda

Estes Reis, este Nadal, tan peculiar e diferente, na Residencia de Silleda sigueu a ser solidario. Non nos olvidamos das familias que pasan dificultades e das persoas que pasan estas datas soas. Por iso, unha vez máis, repartimos menús de Nadal a familias desfavorecidas, desexando que esta pequeniña axuda lles saque un sorriso nestas datas.

Por un 2021 próspero e venturoso.

O ano 2020 foi un ano duro e difícil para todos. Moita xente perdeu seres queridos e sufre unas súas propias carnes os efectos máis negativos que nos trouxo a COVID19. Sen dúbida, foi un ano que nunca esqueceremos polo que nos fixo loitar e incluso desesperar, moitas veces. Pero tamén sacamos moitas cousas en […]

Feliz Ano a todos/as!

Dende a Residencia de Silleda e o equipo de Coviastec, desexámosvos un feliz Ano Novo!

O Centro de Luintra xa recibiu a vacina!

Na nosa Residencia de Nogueira de Ramuín xa recibimos a vacina contra o COVID-19. Non sabemos se con palabras damos expresado o que sentimos neses momentos. O Covid, por sorte, non entrou na nosa residencia, pero vivimos momentos moi duros e de moito esforzo por parte de todo o equipo. Os nosos maiores, foron os […]

Feliz ano dende Silleda!

na Residencia de Maiores de Silleda xa lle demos a benvida ao 2021 por todo o alto! Celebramos unha festa moi divertida con moita ledicia por todo o bo que nos espera no 2021. Desexámosvos a todos que o ano que vén veña cargado de saúde, ledicia e éxitos!

Xa estamos vacinados!

Na Residencia de Maiores de Luintra sentímonos moi afortunados e estamos moi agradecidos porque xa fumos vacinados contra a COVID19!! Todo marchou sobre o previsto e con moita alegría recibimos a primeira dose desta vacina que sen dúbida marcará un antes e un despois na Historia e nas nosas vidas. Agardamos que moi pronto a […]

Un agasallo fermosísimo

Os nosos maiores recibiron con moito agarimo e ilusión as postais dos nenos e nenas de Silleda e bandeira que nos fixeron chegar os rapaces da Fundación Baiuca Verdescente. Foi moi emocionante ver como os máis pequenos son capaces de chegar ao máis fondo do corazón dos nosos maiores coas súas palabras de amor, apoio […]

Fin de Ano en Luintra

Somos conscientes de que no ano 2021 nos espera o mellor!! Este ano foi moi importante para nós, xa que abrimos as nosas portas!! Grazas á empresa xestora, por deixarnos traballar tan a gusto. Ao Concello de Nogueira de Ramuín por apostar por este centro e, sobre todo, ás familias… Que faríamos sen vós!!… Sodes […]

Viñeron os Elfos!

Os Elfos da Fundación Baiuca fixéronnos chegar as postais dos nenos e nenas de Silleda e Bandeira. Os nosos maiores recibiron esta sorpresa con moita ilusión. É que non hai mellor cousa que sentir o agarimo dos máis pequenos no Nadal. Moitas grazas por facer o noso día moito máis especial!

Tarde de perruquería

Encántannos as tardes de perruquería! Os nosos residentes aproveitan para verse mellor, relaxarse e desconectar. Moitas grazas Vanessa por deixarnos tan guapos e guapas. Non hai mellor maneira de darlle a benvida ao ano novo!

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.