O Centro de Luintra xa recibiu a vacina!

Na nosa Residencia de Nogueira de Ramuín xa recibimos a vacina contra o COVID-19. Non sabemos se con palabras damos expresado o que sentimos neses momentos. O Covid, por sorte, non entrou na nosa residencia, pero vivimos momentos moi duros e de moito esforzo por parte de todo o equipo. Os nosos maiores, foron os […]

Na nosa Residencia de Nogueira de Ramuín xa recibimos a vacina contra o COVID-19.

Non sabemos se con palabras damos expresado o que sentimos neses momentos. O Covid, por sorte, non entrou na nosa residencia, pero vivimos momentos moi duros e de moito esforzo por parte de todo o equipo. Os nosos maiores, foron os grandes loitadores, canto nos ensinaron!

Onte sentimos que avanzábamos un pasiño na loita contra esta lacra e, aínda sen baixar a garda, estamos felices polo benestar dos nosos maiores.

Cun sorriso, con bromas e con moita esperanza, onte maiores e equipo recibimos a vacina.

Oxalá pronto volvamos aos abrazos, ás saídas, ás mostras de cariño sen temores.

Grazas a todos os que nos apoian agora e sempre.

Aqui vos deixamos a entrevista que nos fixeron na TVG.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-centro-de-maiores-de-luintra-recibiu-hoxe-a-vacina-4726189

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.