Os nosos maiores recibiron con moito agarimo e ilusión as postais dos nenos e nenas de Silleda e bandeira que nos fixeron chegar os rapaces da Fundación Baiuca Verdescente.
Foi moi emocionante ver como os máis pequenos son capaces de chegar ao máis fondo do corazón dos nosos maiores coas súas palabras de amor, apoio e cariño desinteresado.
Moitas grazas por este fermosísimo agasallo!
