Unha vez máis, tras realizar un cribado de test para a detección de COVID 19, comprácenos enormemente anunciar que a nosa Residencia continúa estando totalmente libre de Coronavirus.
Todos os nosos residentes, así coma todo o persoal humano resultou negativo en ditos test, e non podemos estar máis contentos e orguiosos do bo traballo que se está a realizar na nosa Residencia en materia de protección, seguridade e hixiene.
Pola nosa parte, seguiremos alerta e aplicando todas as recomendacións que nos chegan da man das Autoridades Sanitarias, para poder seguir comunicando que estamos todos moi ben.
