Todos somos negativos en COVID-19

Fainos moi felices comunicar que novamente todos os nosos residentes e o noso equipo humán acadaron resultados negativos nas probas PCR realizadas para a detección de COVID-19, conforme aos protocolos de seguridades establecidos pola Xunta de Galicia. Como sempre, non baixaremos a garda, e continuaremos a seguir moi de preto a evolución da saúde tanto […]

Fainos moi felices comunicar que novamente todos os nosos residentes e o noso equipo humán acadaron resultados negativos nas probas PCR realizadas para a detección de COVID-19, conforme aos protocolos de seguridades establecidos pola Xunta de Galicia.

Como sempre, non baixaremos a garda, e continuaremos a seguir moi de preto a evolución da saúde tanto dos nosos maiores como do noso persoal.

Debido ás novas restriccións que se farán efectivas na nosa comunidade, e máis concretamente na nosa localidade, as visitas seguen a estar restrinxidas.

Pero animámosvos a que solicitedes a vosa cita previa para poder facer unha visita virtual aos vosos familiares a través de videochamada.

Por último, enviamos unha mensaxe de ánimo a todos os galegos e galegas que se atopan loitando contra este terrible virus, ou que se viron perxudicadas de algún xeito polas novas restriccións.

Fagamos as cousas con sentidiño para vencer xuntos, dunha vez por todas a este “bicho” que tanto nos leva molestado. Non poderá con nós!

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.