A medida que as persoas chegamos idades avanzadas, imos perdendo destrezas motoras, e certas habilidades pódense ver sustancialmente reducidas.
As actividades da Arteterapia non só funcionan como momento de lecer, senon tamén para potenciar a psicomotricidade, a atención e mellorar habilidades técnicas.
Na Residencia de Silleda sempre inclíumos na nosa programación actividades deste tipo que axuden aos noso maiores a divertirse, evadirse, e expresar emocións e sensacións a través de diferentes técnicas, como é a pintura.





