0

A primavera chegou, e na nosa Residencia de Luintra aproveitamos para facer actividades ao aire libre sempre que o tempo nos acompaña.

Os nosos residentes son uns auténticos amantes da horta e da xardinería, asique propuxémoslles unha actividade de Terapia de prantación.

Foi todo un éxito! Pasámolo en grande, mantivémonos distraidos e relaxados e desfrutamos dunha tarde moi divertida e especial.

Ademáis, tamén fixemos outro tipo de actividades coma puzzles e manualidades, perfectas para exervitar corpo e mente dun xeito moi ameno.

Encántanos a Primavera!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *