Na nosa Residencia de Silleda aproveitamos os días ao máximo para que os nosos maiores se entreteñan, o pasen ben e se manteñan activos física e mentalmente.
Exercitar corpo e mente é un xeito estupendo de que os nosos residentes se manteñan con ánimo, o cal é moi importante para o seu benestar e a súa saúde xeral.
Sempre buscamos actividades que lles gusten e os motiven, que lles faga pasar un rato divertido ao mesmo tempo que traballan diferentes capacidades.
Ademáis, agora que cambiamos ahora e os días son máis longos, sentímonos máis activos e con máis gañas de facer un montón de cousas!










