0


A dirección da Residencia de maiores de Luintra quere comunicar o seguinte; 

Durante a pasada semana na nosa Residencia de Luintra fixéronse as probas de COVID-19 a maiores e traballadores.

Contamos cos resultados oficiais da realización desas probas, podemos dicir que todas as probas realizadas na nosa residencia deron negativo. Ningún profesional nin maior da nosa residencia está contaxiado de coronavirus.

Quero transmitir a título persoal, como directora do centro, a todas as familias, amigos e coñecidos dos nosos residentes e dos nosos traballadores que non baixaremos a guardia en ningún momento nin relaxaremos as medidas de seguridade e prevención fronte a esta pandemia. 

A nosa residencia segue a cumprir con toda a normativa que nos trasladan as autoridades sanitarias e a Consellería de Sanidade,  o noso persoal segue confinado para a seguridade dos nosos maiores e continuamos a traballar con toda a protección recomendada. 

Os nosos maiores están ben, tratámolos con todo o cariño e amor, coma sempre fixemos e sendo conscientes de que xa levan un tempo sen poder abrazar aos seus familiares, por iso, agora máis ca nunca, nós somos a súa familia. 

Continuamos a facer videochamadas con familias para que teñan contacto cos seus maiores e sempre baixo a petición a través de mail ou chamadas.

Eu, Paula Guzmán, podo garantizarlle ás familias que nesta residencia non se relaxará ningunha medida de seguridade e que seguiremos facendo todo canto esté na nosa man pola seguridade dos nosos maiores da Residencia de Luintra. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *