
Hoxe, domingo, este equipo de grandes profesionáis que levan xa 15 días en turno único rematan a súa quenda e van descansar.
Descanso máis ca merecido despois duns intensos días de traballo onde sabemos que estamos a facer o mellor para que os nosos maiores estén sans.
Grazas a todxs eles polo seu esforzo, no nome da directora da residencia de Silleda, Paula Guzmán.
Grazas tamén ao hotel Vía Argentum, que desinteresadamente nos deixou as súas instalacións para que o noso equipo se confinase.
A partir de luns, comezamos cun novo equipo de xerocultoras que estivo de descanso durante os quince días acordados.