0

Non queríamos deixar pasar este día tan especial sen felicitar ás nosas enfermeiras da Residencia de Silleda, Pili e Yami.

Queremos darlles as grazas polo traballo que fan día a día, pola súa dedicación e entrega e por loitar polo benestar de todos os nosos maiores. Por poñernos as cousas máis sinxelas e por facernos ver que todo é un chisquiño máis fácil cando se fai con cariño, e sobre todo por demostrarnos a súa profesionalidade no traballo diario a longo deste tempo.

Por isto e por moitas máis cousas estamos moi felices e orgullosos de poder contar con elas na Residencia.

Feliz Día da Enfermeira Pili e Yami!! Felicidades!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *