0

Facemos dous anos de vida!

A nosa Residencia de Silleda cumpre no día de hoxe 2 aniños de vida. 

Residencia de maiores e centro de día que se compón dun equipo de trinta profesionáis e 59 residentes. 

Xuntos loitamos durante as épocas máis duras que nos tocou vivir. Sempre con coidado, respecto e con moitísimo cariño. 

Somos máis ca unha empresa, unha gran familia. Unha familia que se coida, que loita e que permanece unida ante as mellores e peores situacións. 

Se algo nos fixo aprender este ano tan difícil foi a desfrutar e vivir cada momento. Así o facemos, disfrutando cada día dos sorrisos que nos regalan os nosos maiores. 

Gracias a familiares e amigos da Residencia de Silleda, que nos axudaron, confiaron en nós e nos apoiaron durante todo este tempo. 

Sorrimos e choramos xuntos, loitamos, seguimos adiante e saímos reforzados e deixando atrás todo o malo.  A día de hoxe continuamos a ser un centro de maiores involucrados, cun gran equipo de profesionáis e cuns excelentes residentes. 

A nosa vocación de servizo e calidade permanece sempre intacta, procurando medrar sabendo cal é o noso principio fundamental, o benestar dos nosos maiores. 

Grazas equipo. Equipo médico, enfermería, xerocultores, animación, limpeza. Grazas a todos e a todas, sodes o corazón desta gran familia. 

Grazas por acompañarnos, pola confianza e por apostar por nós. Coviastec Silleda, seguirá medrando e sumando bos recordos. 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *