1

Nestes días de incerteza ante a situación que provoca a, xa declarada pandemia mundial, Covid-19 a nosa máxima e protexer aos nosos residentes para asegurar o seu benestar.

Proba disto, e cumplindo coas restriccións da Xunta de Galicia e o Goberno Central e tamén atendendo ás recomendacións de Sanidade, as visitas quedaron restrinxidas como medida de prevención ante futuros contaxios.

Entendendo ás nosas familias, e tamén aos nosos maiores, tomamos a decisión de habilitar as videochamadas a través de Skype para que as familias poidan ter contacto aínda que este sexa virtual.

¿Como ter unha videochamada co teu familiar?

Tan só debes solicitarnos a túa visita (con mínimo un día de antelación) indicando o día e a hora que che resulte máis conveniente.

Contáctanos a través de chamada telefónica no número 986 69 22 29 ou enviando un correo electrónico ao email info@residenciasilleda.es ou a tsocial@residenciasilleda.es

Grazas a todos e todas, familiares, residentes, equipo e veciñanza pola comprensión mostrada nestos momentos. Facemos todo canto está na nosa man para asegurar o seu benestar.

One thought on “Como ver aos residentes durante a cuarentena.”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *