Grazas familias!
Recibir agasallos tan especiais com a estes fan que os días sexan moito máis levadeiros. Grazas inmensas a familias e residentes por darnos tanto cariño e por tantas señáis de agradecemento. Estamos felices, orgullosos da gran familia que formamos todos e todas xuntos. Grazas infinitas!
Día nacional da nutrición
A alimentación é un aspecto moi importante para o desenvolvemento persoal, físico intelectual de calquera persoa. É por todos coñecido que a alimentación xoga un papel fundamental no crecemento dos nenos e nenas, xa que é unha das claves decisivas no seu desenrolo físico. Sen embargo, a miúdo coa idade imos adquirindo hábitos alimenticios perxudiciais, […]
Primeiras visitas nas nosas residencias!
Con todas as medidas de seguridade, cumprindo cunha rigurosa desinfección, con mascarilla, EPI`s e con moita precaución… recibimos as primeiras visitas! Felices por nós pero, sobre todo, felices polos nosos residentes que poden ver, con orden e precaución, aos seus familiares. Despois de tanto tempo en confinamento, non sabedes o golpe de aire fresco e […]
Celebramos o cumpreanos da nosa directora, Paula
Hoxe tivemos unha celebración moi especial! A do cumpreanos da nosa directora, Paula. A que sempre está pendente de todos, residentes e traballadores, de sorprendelos, de buscarlles os mellores agasallasos, sempre preocupada por arrincar sorrisos. Hoxe tocoulle a ela. Ser a sorprendida, a que reune a toda a plantilla de traballadores (os que estamos de […]
Así celebramos o cumpreanos de Manolo
Hoxe, foi o cumpre de Manolo. Esta foi a nosa maneira de sorprendelo e amosarlle o noso cariño. Os seus sorrisos, non teñen prezo. E se para gañalos temos que inchar globos e saír todos fóra da residencia , tan só fai falla dicir día e hora! 😉
Así son as nosas semanas na Residencia de Silleda
Encántanos compartir o noso día a día coas familias dos nosos maiores, e máis nun momento delicado como segue a ser o de agora. Axiña os nosos maiores volverán a ver as súas familias, e nós, estámolo desexando. Namentras, as nosas semanas continúan a estar cheas de actividades que estimulan os seus sentidos, que arrincan […]
Desfrutamos do Xardín na Residencia de Silleda
Agora que veñen uns bos días e os nosos maiores xa poden saír ao exterior non podemos ser máis felices vendoos desfrutar da natureza no noso xardín. Xogamos ás cartas, charlamos, xogamos e divertímonos nuns días maravillosos, nos que , por suposto, temos moi en conta a protección contra os raios do sol. Liberdade e […]
Asistimos á misa online para celebrar o Día de Santa Rita

Durante este tempo de emerxencia sanitaria, os nosos maiores non puideron desfrutar de celebracións litúrxicas nin das misas habituais. Sen embargo, e en celebración do Día de Santa Rita, todos os nosos maiores puideron asistir online á celebración da misa de Santa Rita a través dun directo da parroquia de Año, Vila de Cruces. Na […]
Perruquería na Residencia de Silleda
Estamos felices, e é que, ver aos nosos familiares está cada vez máis cerca, así que, xa nos estamos poñendo guapos e guapas. Esta semana tocou sesión perruquería!⬇️
Celebramos o día das Letras Galegas na Residencia de Silleda

O Día das nosas letras, da nosa identidade é un día para celebrar e os nosos maiores sábeno!;) Desfruta connosco a nosa celebración con este vídeo: