Durante este tempo de emerxencia sanitaria, os nosos maiores non puideron desfrutar de celebracións litúrxicas nin das misas habituais.
Sen embargo, e en celebración do Día de Santa Rita, todos os nosos maiores puideron asistir online á celebración da misa de Santa Rita a través dun directo da parroquia de Año, Vila de Cruces.
Na nosa Residencia somos debotos de Santa Rita!! A ela lle pedimos cada día o que cada un de nós precisamos. E sobre todo, nestes tempos de confinamento pedimos ver ás nosas familias e amigos o antes posible.
Grazas a todos os que, a través de medios telemáticos, fan posible que celebremos este día tan especial para nós!

