Con todas as medidas de seguridade, cumprindo cunha rigurosa desinfección, con mascarilla, EPI`s e con moita precaución… recibimos as primeiras visitas!

Felices por nós pero, sobre todo, felices polos nosos residentes que poden ver, con orden e precaución, aos seus familiares.
Despois de tanto tempo en confinamento, non sabedes o golpe de aire fresco e a vitalidade que estas visitas lles proxectan.
Queremos dar a nosa eterna noraboa ás familias por tanto tempo de espera, sabendo que polo seu ben non podíamos permitilas. Foi moi difícil, pero pouco a pouco todo vai volvendo á normalidade (á “nova normalidade”.
Grazas a todos!
Así recolleron os medios de comunicación esta nova:
