Ampliamos o noso Equipo!
Hoxe estamos moi contentos porque traemos unha boa nova que contarvos: ampliamos o noso equipo de profesionais! Adrián é fisioterapeuta, e conta cunha dilatada experiencia no ámbito da diversidade funcional, a movilidade reducida e as necesidades especiais. Unha gran fichaxe para seguir dando o mellor servizo e calidade de vida aos nosos usuarios. Benvido ao […]
Achégase o Nadal!
Estamos ás portal do Nadal, e o seu espíritu de ledicia e ilusión xa invadeu a nosa Residencia. Os nosos maiores están a desfrutar moitísimo preparando todo para as datas máis sinaladas. Traballan arreo para crear un montón de manualidades que adornarán todas as nosas instalacións e que nos farán sentir ainda máis coma na […]
Celebramos a Misa e moitos cumpleanos.
Toca ir despedindo o mes de novembro, e non o podíamos facer d emellor maneira que celebrando a nosa misa e o cumpleanos de varios dos nosos residentes. Compartir momentos tan especiais coma estes, fainos moi felices. E poucos días darémoslle a benvida a un novo mes que nos trae moita ilusión, e no que […]
Conmemoramos o 25N
Hoxe é 25 de Novembro, ou o que é o mesmo: O Día contra a Violencia Machista. Non podíamos deixar pasar unha ocasión tan importante para lembrarvos e lembrarnos a importancia do respecto e a igualdade, de que todas as mulleres podan vivir en liberdade e sen medo. Realizamos diferentes actividades e charlamos sobre o […]
Achégase o Nadal!
Se nos coñecedes un pouco, xa sabedes o moito que nos gustan as festas e celebracións tradicionais na nosa Residencia! Por iso, non podiamos deixar pasar a ocasión de celebrar o Magosto por todo o alto! E cla é a mellor maneira de rematar unha festa? Pois comezando a preparar a seguinte! Por iso nos […]
Imos de excursión!
Hoxe estamos moi contentos, porque fomos de excursión á Festa da Castaña de Vila de Cruces. Como vedes, pasámolo en grande todos xuntos, rindo, botando uns contos e comendo castañas e viño. Deixámosvos unhas fotografías dos mellores momentos para que podades compartir a nosa ledicia.
Magosto e cumpleanos: así os celebramos!
Dise que non entramos en outono ata que se celebra o Magosto… Pois nós celebrámolo por todo o alto, como se merece unha festa con tanta tradición coma esta. Bailes, parolas, castañas, contos, manualidades, risas e moita diversión foron os ingredientes segredos dunha xornada moi especial. Aproveitamos tamén para celebrar os cumpleanos de 3 dos […]
Celebramos o Magosto!
Como xa sabedes, unha das nosas cousas favoritas na vida son as festas e celebracións. Ademáis o outono é unha das nosas épocas favoritas do ano… Así que non podíamos deixar de festexar o Magosto por todo o alto! Xogos, comida, diversión e moi boa compañía é todo o que precisamos para disfrutar dunha xornada […]
Traballamos a psicomotricidade fina.
A motricidade fina son movementos voluntarios das mans e dedos moi precisos, que implican pequenos grupos de músculos, ósos e nervios que requiren unha gran coordinación. Unha correcta motricidade fina és indispensable para a nosa vida cotiá, en tarefas como escribir, peitearse, afeitarse, usar os cubertos, subir cremalleiras ou abotoar unha camisa. Con estas actividades manuais, estamos traballando […]
Preparámonos para o Samaín 🎃
Se nos conocedes, xa sabedes que na nosa Residencia encántannos as festas e celebracións. E por iso, xa estamos contando os días para o Samaín. Comezamos a realizar diferentes actividades temáticas e manualidades para esta festa de orixe celta coa que se celebraba o final das colleitas e a chegada da estación escura do ano. […]