0

A motricidade fina son movementos voluntarios das mans e dedos moi precisos, que implican pequenos grupos de músculos, ósos e nervios que requiren unha gran coordinación.

Unha correcta motricidade fina és indispensable para a nosa vida cotiá, en tarefas como escribir, peitearse, afeitarse, usar os cubertos, subir cremalleiras ou abotoar unha camisa.

Con estas actividades manuais, estamos traballando todas estas capacidades, o que vai a contibuir directamente no benestar dos nosos maiores.

E ademáis, creamos cousas fermosas e os nosos maiores pásano en grande!

Deixámosvos co resultado dos seus últimos traballos.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *