Que viva o amor!
A nosa Residencia está chea de amor todos os días… E por iso non podíamos deixar pasar a ocasión de celebrar o día do amor por excelencia… San Valentín! Manualidades, agasallos, corazóns, bombóns, flores, e ata un Cupido nos acompañaron nunha xornada do máis doce. Agardamos que nas vosas vidas nunca falte o amor, sexa […]
Obradoiro de reciclaxe.
Hai uns días tivemos o pracer de recibir as técnicos da Xunta de Galicia, que nos impartiron un obradoiro de reciclaxe. Aprendimos a importancia da separación de residuos, como e por que facelo. Os nosos maiores, coma sempre, foron uns alumnos sobresaíntes. Estiveron moi atentos a todas as explicacións e participaron activamente nas divertidas actividades […]
Axudas da Xunta para estancias en residencias. Aberto o prazo de Solicitude.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova orde de Respiro familiar que permite que persoas dependentes ou con discapacidade realicen estancias temporais en residencias que facilitan o descanso dos seus coidadores habituais. Na seguinte ligazón poderás consultar as bases e facer a túa solicitude. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=BS614B
Grazas a todos e todas!
Os nosos maiores, xunto coa nosa animadora Susana, elaboraron unha fermosísima decoración navideña para o II Certame de Decoración #SilledaNadal. Fixeron un traballo realmente impresionante, e o mellor de todo, é que puidemos velos desfrutar do proceso en todo momento. Hoxe queremos darlles as grazas a eles, os nosos protagonistas, a Susana pola súa adicación […]
Así recibimos o Ano Novo
Nas nosas residencias de Silleda e Luíntra, recibimos ao 2022 por todo o alto, como se merece! Pasamos un día de noitevella moi divertido, no que non faltaron as risas, as badaladas, as 12 uvas e ata un concerto improvisado que nos fixo desfrutar un montón. Desexámosvos a todos que este ano veña cargado de […]
Inocente inocente
Onte celebramos o día dos inocentes implicando aos nosos maiores na realización dunha manualidade típica da época: o monigote de inocente inocente. Aproveitamos a ocasión para desfrutar dunha xornada diferente, repleta de bo humor, alegría e algunha que outra inocentada. Aquí podedes ver os resultados deste día dos inocentes.
Papá Noel de ECOS visita a nosa Residencia
Hoxe, na nosa Residencia, recibimos unha visita moi especial. O mesmísimo Papa Noel de ECOS tivo a ben pasarse polas nosas instalacións para traer a ledicia aos nosos maiores. Xa tes todos os agasallos mercados? No Comercio Local de Silleda tes todo o que precisas! 😉
Rebimos a visita de Papá Noel!
Hoxe, na nosa Residencia, recibimos unha visita moi especial. O mesmísimo Papa Noel tivo a ben pasarse polas nosas instalacións para traer a ledicia aos nosos maiores. Recibímolo coa mesma ilusión dun neno pequeno, e como non podía ser doutro xeito, fixemos unha gran festa para celebrar tan importante acontecemento. Agardamos que o desfrutedes tanto […]
Comeza a conta atrás para o Nadal!
Como xa vos contamos en anteriores ocasións, o Nadal é unha das épocas máis especiais do ano para nós. Desfrutamos moito destas Festas, e non só dos días máis sinalados do calendario. Tamén desfrutamos preparando todo para celebralo como se merece. Os nosos maiores e o noso persoal poñen todo o seu empeño, adicación e […]
Novas medidas de seguridade frente á COVID 19
Dende mañá, sabado 18 de Decembro e ata o 18 de xaneiro, adaptarémonos á nova normativa pola que se esixirá a presentación do Certificado COVID individual ás nosas visitas, así como a todo persoal alleo aos nosos centros. Agradecemos de antemán a vosa comprensión e colaboración. É moi importante cumplir as normativas vixentes para poder […]