A nosa Residencia está chea de amor todos os días…
E por iso non podíamos deixar pasar a ocasión de celebrar o día do amor por excelencia… San Valentín!
Manualidades, agasallos, corazóns, bombóns, flores, e ata un Cupido nos acompañaron nunha xornada do máis doce.
Agardamos que nas vosas vidas nunca falte o amor, sexa do tipo que sexa, e que pasedes un día moi fermoso en boa compañía.
E que viva o amor!
