E S T A M O S D E A N I V E R S A R I O !
Un ano fai xa dende que equipo de profesionáis chegase a Silleda para dar unh prestación de servizos tan necesarios como os que ofrecemos na Residencia de Silleda. Nace unha empresa familiar e construímos e xestionamos.
Con todos os grandes profesionáis que nos xuntamos fixemos desta residencia un gran fogar onde cada día nos esforzamos por mellorar e medrar. Vinteseis mulleres e dous homes que día a día dan o mellor de si para o benestar dos nosos maiores.
Ilusión e amor. Así comezamos e así seguimos. Con felicidade recibimos aos nosos primeiros residentes, e un ano despois acordámonos de cada unha das persoas que nos acompañaron e xa non están connosco. Todos eles ocupan un lugar nos nosos corazóns.
O resumo deste ano… é moi emotivo, dedicación, implicación, equipo e agora, ademáis, superviviencia.

Agardamos celebrar este ano de vida xuntos no noso magnífico xardín acompañados polas familias que, dende o principio, confiaron en nós.

Somos unha residencia na que cada maior ten opinión, onde cada familia terá aqui a súa casa e onde os traballadores son parte fundamental deste gran fogar!
Somos Coviastec Sillleda.

4 respostas
Muchas felicidades por vuestro primer año, esperemos poder celebrarlo muy pronto juntos!!
Gracias por vuestro trabajo y el cariño con el que tratais a todos nuestros seres queridos!!
Gracias a vosotros por todo el apoyo que nos brindáis!
Feliz cumpleaños!!! en el día hoy queremos felicitaros por todo el trabajo y esfuerzo realizado en este año.
Con muchas ganas de poder vernos y celebrar juntos una gran fiesta.
🙂
pronto nos abrazaremos! un besazo y muchísimas gracias!