Comunicado Residencia de Silleda

En resposta ás últimas novas publicadas nos medios de comunicacións queremos comunicarlles o seguinte; Unha persoa do noso equipo deu, desafortunamente, positivo na proba de COVID-19 durante as súas vacacións. Informou da súa situación ao noso centro de traballo e non chegou a reincorporarse, nin a ter ningún tipo de contacto co equipo desde centro, […]

En resposta ás últimas novas publicadas nos medios de comunicacións queremos comunicarlles o seguinte;

Unha persoa do noso equipo deu, desafortunamente, positivo na proba de COVID-19 durante as súas vacacións. Informou da súa situación ao noso centro de traballo e non chegou a reincorporarse, nin a ter ningún tipo de contacto co equipo desde centro, nin tampouco cos usuarios.

Dende ese momento, 11 de marzo, este membro do equipo atópase en baixa laboral e confinado no seu domicilio.

Rogamos ás familias que, ante calqueira dúbida se poña en contacto directo connosco a través dos nosos medios telemáticos (986 69 22 29, info@residenciasilleda.com)

Reiteramos de novo que, afortunadamente tanto os nosos residentes como os nosos profesionáis están actualmente todos ben e cumprindo, como así o esixe Sanidade, con todas as medidas de prevención.

Dende hoxe, ademáis, o noso equipo atópase confinado no Hotel Vía Argentum para coidar e protexer ao máximo aos nosos maiores.

Rogamos tamén aos medios de comunicación que antes de dar noticias tan sensibles nun momento de tanta incertidumbre e dor para as familias, se poñan en contacto connosco para coñecer a realidade dos feitos.

Este é un momento difícil para todos e para nós é importantísimo darlle tranquilidade e total transparencia ás familias dos nosos maiores.

Estaremos encantados de informar aos medios de comunicación, ás familias dos residentes e a calquera ente público de cómo se están a realizar as xestións contra o COVID-19 na nosa residencia de Silleda.

Atentamente,
A dirección da Residencia de Silleda.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

2 respostas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.