Entrevista de Radio Voz a Paula Guzmán, directora da Residencia de Silleda

No día de onte, Amelia Ferreiroa entrevistou de novo á nosa directora Paula en Radio Voz Lalín para coñecer as novas medidas implantadas na residencia de Silleda, e tamén para coñecer de primeira man como se atopan os nosos residentes. Os nosos maiores e o noso equipo poideron escoitar a entrevista en directo e, moi […]

No día de onte, Amelia Ferreiroa entrevistou de novo á nosa directora Paula en Radio Voz Lalín para coñecer as novas medidas implantadas na residencia de Silleda, e tamén para coñecer de primeira man como se atopan os nosos residentes.

Os nosos maiores e o noso equipo poideron escoitar a entrevista en directo e, moi emocionados, recibiron os agarimosos saúdos de Amelia.

Paula recalcou que polo momento todos os maiores e todos os membros do equipo estamos ben. E tamén agradeceu a todo o noso equipo o gran esforzo que están a facer, deixando os seus fogares para facer turnos únicos e só estando nas súas casas para durmir.

O equipo está máis unido ca nunca, pola mesma causa, por coidar dos nosos maiores ante este desafío que é o COVID-19.

Nun dos seus últimos mensaxes recalcou a necesidade da residencia de Silleda de conseguir máis material, xa que o número de mascarillas que dispoñemos é limitado e para cumprir cos estándares de protección que Sanidade impón precisamos máis.

Grazas a todos os oíntes e, como sempre, grazas ás familias tamén.

Compartir

Facebook
Email
WhatsApp

Más publicaciones:

4 respostas

  1. Gracias Paula, da gusto escucharte!!
    En estos momentos tan complicados, donde la familia no puede estar tan cerca como quisiera de sus seres más queridos, me gustaría agradecer a todo el personal del centro, vuestra dedicación, familiaridad, desvelo, trato, preocupación y profesionalidad que día a día demostráis.
    Mucho ánimo, lo estáis haciendo genial!!
    GRACIAS!!

    1. Muchísimas gracias Feli, es un placer escuchar palabras con tanto cariño.
      Estamos enormemente agradecidos por el apoyo recibido, todo lo hacemos por ellos y su salud.
      Un abrazo,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitar praza

Se estás interesado/a en solicitar unha praza no noso centro, cubre este formulario e poñerémonos en contacto contigo.

Solicitar unha visita

Se desexas realizar unha visita a algún familiar na residencia, por favor, comunícanolo cunha marxe de 48 h de antelación no seguinte número de Whatsapp.

Indícanos en qué horario prefieres realizar a visita e intentaremos responderche o antes posible.