Facemos dous anos de vida!
A nosa Residencia de Silleda cumpre no día de hoxe 2 aniños de vida.
Residencia de maiores e centro de día que se compón dun equipo de trinta profesionáis e 59 residentes.
Xuntos loitamos durante as épocas máis duras que nos tocou vivir. Sempre con coidado, respecto e con moitísimo cariño.
Somos máis ca unha empresa, unha gran familia. Unha familia que se coida, que loita e que permanece unida ante as mellores e peores situacións.
Se algo nos fixo aprender este ano tan difícil foi a desfrutar e vivir cada momento. Así o facemos, disfrutando cada día dos sorrisos que nos regalan os nosos maiores.
Gracias a familiares e amigos da Residencia de Silleda, que nos axudaron, confiaron en nós e nos apoiaron durante todo este tempo.
Sorrimos e choramos xuntos, loitamos, seguimos adiante e saímos reforzados e deixando atrás todo o malo. A día de hoxe continuamos a ser un centro de maiores involucrados, cun gran equipo de profesionáis e cuns excelentes residentes.
A nosa vocación de servizo e calidade permanece sempre intacta, procurando medrar sabendo cal é o noso principio fundamental, o benestar dos nosos maiores.
Grazas equipo. Equipo médico, enfermería, xerocultores, animación, limpeza. Grazas a todos e a todas, sodes o corazón desta gran familia.
Grazas por acompañarnos, pola confianza e por apostar por nós. Coviastec Silleda, seguirá medrando e sumando bos recordos.
